viernes, 13 de noviembre de 2009

Repasando conceptos básicos, actividade 7

- Emprendedor: Que ten decisión, resolución e iniciativa para emprender negocios, levar a cabo calquera empresa, ou lanzarse con audacia á execución dos seus propósitos.
- Iniciativa: Calidade de quen ten decisión para emprender algo.

- Emprender: Hoxe é innovar alí onde se fai unha actividade, e unha forma facer o "que sempre se fixo da mesma maneira" e sobretodo é asumir que o desenvolvemento é un porceso continuo de aprendizaxe, que nada é xa permanente e que a única forma de crecer é cuestionando as formas tradicionais de facer, de pensar e de ata de ser.

- Empresario: Persoa que posúe ou dirixe algunha empresa.

- Idea emprendedora: é unha actitude ou xeito de facer as cousas nas que se reflexa a motivación e a capacidade do individuo para identificar unha oportinidade de negocios e producir un novo produto ou servizo.

- Proxecto ou plan de empresa: O Plan de Empresas é un documento que identifica, describe e analiza unha oportunidade de negocio, analiza a viabilidade técnica, económica e financeira do mesmo, e desenvolve tódolos procedementos e estratexias necesarias para converter o referido oportunidade de negocio nun proxecto de empresa privada.
- Empresa: é a organización que desenvolve un conxunto de actividades e emprega diversos recursos (financieiros, materias, tecnolóxicos e humanos) para satisfacer do seu mercado meta, xa sexa con ánimo de lucro ou sen el.

-Ánimo de lucro: é a finalidade de gañar cartos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario