viernes, 26 de febrero de 2010

Tomar decisións, actividade 13

1º - CINE: Gustaríanos facer un cine en Vilalba porque non hai ningún cine, e a xente ten que ir a Lugo para ver as películas.
Gustaríanos que o cine tivese as últimas películas que saíron e tamén películas en 3D porque á xente esas películas gústanlles moito, e gustandolles moito a xente iría máis ó cine e teríamos máis beneficios, pero o problema é que non hai sitio onde poñelo.


2º - MAQUINARIA AGRÍCOLA: Gustaríanos montar unha tenda de maquinaria agricola porque en Vilalba hai moi poucas ou case ningunha, e hai moita demanda porque hai moito terreo rural e pensamos que se poderían obter moitos beneficios para todos.
Teríamos as últimas tecnoloxías en maquinaria agrícola, pero iso custaríanos moito diñeiro.



viernes, 19 de febrero de 2010

Avaliar ideas, actividade 12

- Que opinión che merecen estas ideas?
A nós parecennos boas ideas (ofreceríanse produtos de calidade máis caros, pero é máis cómodo porque se levan produtos da casa; se cambian a carteleira e as cores iría máis xente e poderán fixarse en ofertas ou rebaixas e comprarán máis cousas) menos o de non facer nada (porque si non fas nada non lle sacas rendemento ó local e non gañas diñeiro).

-Cales crees que son máis fáciles de poñer en practica?
Especializarse en produtos artesanais e de calidade, poder levar a compra a casa, cambiar a carteleira do local e utilizar cores vivas.

-Que aspectos terías en conta á hora de avaliar estas ideas?
O presuposto das cousas, si lle gusta a xente ou non e si utilizan os servizos.

- Que outras cousas se che ocorren para mellorar?
Facer ofertas ou promocións dos produtos, para que veña máis xente.